MULLER

Os tres mil euros do Xohana Torres destinaranse á formación das reclusas de Teixeiro

09/03/2006 A Casa do Concello celebrou o 8 de marzo o Día Internacional da Muller cunha recepción aos colectivos composteláns que traballan a prol da muller.

No acto, o alcalde de Santiago anunciou, tras saberse que o XIV Premio de Investigación Xohana Torres quedaba deserto, que os 3.000 euros do galardón destinaranse a unha actividade formativa dirixida a mulleres reclusas da cárcere de Teixeiro. Ao galardón presentáronse tres traballos que, segundo considerou o xurado, non reunían as condicións axeitadas para ser premiados.

Compartir: