PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle a presentación de tres libros sobre as parroquias de Enfesta, Sabugueira e Fecha

02/11/2011 A cita será o venres 4 de novembro ás 20.30 horas e contará coa presenza do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya.

A Casa das Asociacións de Cornes acollerá a presentación este venres de tres libros sobre outras tantas parroquias compostelás. O primeiro deles, "Historia do Concello de Enfesta", céntrase na evolución desta zona, que se mantivo como municipio entre 1835 e 1962 e é obra de Henrique Neira Pereira e Juan Lema Negrillo.

Henrique Neira tamén asina outro dos volumes: "San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá de Lavacolla". Finalmente, tamén se presenta "Santa Cristina de Fecha", de Manuel Pontes García.

O acto celébrase a iniciativa da asociación de veciños "Ruta Jacobea" e todos os que asistan serán agasallados cun facsímil do antigo mapa municipal de Enfesta.

Compartir: