XUVENTUDE

O xoves comeza o curso de iniciación á pintura a través das meninas organizado pola Concellería de Xuventude

02/11/2011 Dentro da programación pensada para os mozos e mozas composteláns presentada hai dúas semanas polo concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, comeza a desenvolverse un dos cursos: a pintura a través das meninas.

Unha das primeiras solicitudes das Asociacións Xuvenís e dos colectivos de estudantes dos centros de ensino da cidade ten que ver coa atención de diferentes centros de interese referidos a temáticas que lles axuden a súa formación e a unha mellor ocupación do seu tempo libre. Con tal motivo o pasado martes, 25 de outubro, presentouse un primeiro paquete de cursos que queren dar resposta a estas demandas.

Mañá, xoves 3 de novembro, comeza o curso de Iniciación á Pintura a través das Meninas, impartido polo artista, Xoti de Luis, que terá lugar no IES de Sar, xa que está especialmente pensado para os alumnos que cursen o Bacherelato Artístico neste centro.

Datos do curso
CURSO DE INICIACIÓN Á PINTURA A TRAVÉS DAS MENINAS
DURACIÓN DO CURSO: 30 horas
PARTICIPACIÓN: 20 alumnos/as
DATAS: A partir do 3 de novembro
HORARIO: Luns e xoves de de 17 a 19 h.
LUGAR: IES de Sar (Bacherelato artístico)
PREZO: Actividade de balde

Tomando como modelo único, o cadro "Las Meninas" de Velázquez danse a coñecer diversas técnicas de debuxo e pintura. Trátase de interpretar e versionar. Deconstruír a obra e adaptala a técnicas extrapictóricas contemporáneas: arpillera, materiais de reciclaxe, técnicas de patchwork, aplicacións serigráficas, entre outras.

Información sobre o artista
Xoti de Luis nace en Vigo en 1953. Posteriormente trasládase a Santiago de Compostela, onde vive actualmente. A súa obra está presente en numerosos museos e importantes coleccións como Museo Carlos Maside, Museo de Arte Moderno (León), Museo Bello Piñeiro (Ferrol), Espacio Grasslin – Narites, Coleccións de CaixaNova, CaixaGalicia, Banesto, Banco Exterior de España, Concello de A Coruña, Cambre, Ferrol, Pazo Raxoi, Museo de Arte Deportivo, etc.
Máis información sobre o artista: www.xotideluis.com

Para máis información sobre este curso e outras actividades formativas:
Departamento de Educación e Xuventude
Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche
Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001 Fax: 981 543 002
Rúa do Vilar, 13 1º Andar
Tel 981 554 400/401 Fax 571 511
dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Compartir: