ALCALDÍA

O Concello reúnese cos directivos da empresa Bricomart, que valora instalarse en Santiago

02/11/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, mantivo unha xuntanza co director de expansión da Península Ibérica de Bricomart, Juan Manuel Herreras, e co responsable de expansión do Noroeste de España, Manuel J. Moreno, para falar sobre a posible implantación dun centro da empresa gala en Santiago.

Bricomart quere abrir en Costa Vella unha tenda dedicada á venda de materiais de bricolaxe e construción nunha parcela de 24.000 metros cadrados. Co fin de facilitar a apertura da mesma, o Concello comprometeuse a axilizar os trámites necesarios para a concesión de licenzas, xa que a iniciativa suporía a xeración de arredor de 100 empregos na cidade. Bricomart participa na I Feira Internacional de Emprego.

Bricolaje Bricoman (Bricomart) é unha multinacional francesa especializada na venda ao por menor de artigos de bricolaxe e construción así como artigos do equipamento técnico para vivendas e locais.

Compartir: