PLENO

O goberno comprométese a estudar baixadas nos tipos impositivos do IBI para 2013

27/10/2011 O Pleno da Corporación, reunido en sesión ordinaria, debatiu sobre política fiscal e tamén procedeu a dar conta do informe de estabilidade orzamentaria no que foi un dos asuntos máis relevantes dos tratados nesta última xuntanza.

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, desgranou os puntos máis relevantes do informe de estabilidade orzamentaria indicando que se levaba a pleno a dación de conta para cumprir co imperativo legal. Sierra indicou que o Plan Económico Financeiro de 2010 non se cumpre en apartados como o aforro bruto o saldo non financeiro ou o remanente de tesourería e cualificouno de "papel mollado".

Ademais, debatironse proposións dos grupos municipais relativas ao Plan Especial de Brañas de Sar, aos centros de saúde, á política fiscal e ao aeroporto de Lavacolla. A respecto da política fiscal, a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, lembrou que o goberno estuda implantar unha axuda de ata 100 euros para o pago do IBI no caso de persoas desempregadas en función da súa situación. Tamén salientou que o novo executivo se compromete a estudar outro tipo de medidas en relación con axudas fiscais para o próximo ano de cara á súa aplicación nos orzamentos de 2013, entre elas a baixada nos tipos impositivos do IBI.

Compartir: