ALCALDÍA

A Fundación Anade enche a praza do Toural de emoción cun espectáculo de danza moi especial

27/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu na praza do Toural á representación dunha obra posta en marcha pola Fundación Anade, protagonizada por persoas con discapacidade ou enfermidade mental.

A Fundación Anade ten como obxectivo a inserción laboral e social de persoas con discapacidade ou enfermidade mental a través da creación de grupos de teatro. Estes grupos créanse para amosar á sociedade a realidade deste colectivo e do que, cos medios adecuados, son capaces de facer.

Tradicionalmente asignóuselles ás persoas con discapacidade traballos ocupacionais onde a creatividade non tiña lugar, traballos sinxelos e con pouca preparación. É por este motivo que a Fundación Anade se ocupa de formar actores e dotar as súas montaxes cos medios adecuados.

A Fundación está a celebrar o seu I Congreso e Festival Internacional de Arte e Discapacidade dende o dia de hoxe ata o vindeiro sábado na Cidade da Cultura de Galicia e nas rúas do Santiago. Ao abeiro deste Festival, levaranse a cabo distintas actividades como espectáculos, obradoiros e proxeccións. É un Congreso organizado pola Fundación Anade e conta coa colaboración Consellería de Traballo e Benestar.

Compartir: