ALCALDÍA

O Concello ofrece unha recepción á Asociación Profesional da Maxistratura con motivo do seu XIX Congreso

25/10/2011 A Biblioteca da Cidade da Cultura foi o escenario da recepción que membros da Corporación municipal, encabezada polo alcalde Xerardo Conde Roa, ofreceu aos membros da Asociación Profesional da Maxistratura, que está a celebrar en Santiago o seu XIX Congreso.

Baixo o lema "Unha xustiza de calidade", o congreso comeza o mércores 26 cun acto ao que asiste o rexedor de Santiago, cidade elixida polos maxistrados para celebrar o seu encontro anual. Ata o 28 de outubro 184 compromisarios pertencentes á Asociación ademais de autoridades relacionadas coa xustiza como o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Dívar, ou coa política, como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, debatirán sobre asuntos do seu interese.

As ponencias congresuais serán basicamente catro: o xuíz e o novo modelo organizativo: oficina xudicial, tribunais de instancia, informatización; estatutos e participación na vida asociativa; modelo retributivode xuíces e os seus riscos laborais; a credibilidade do xuíz ante a sociedade actual.

Compartir: