ALCALDÍA

Raxoi escoita as demandas dos veciños do barrio da Almáciga

24/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os edís de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, reuníronse coa asociación de veciños da Almáciga no Pazo de Raxoi para falar sobre as necesitades do barrio.

Os veciños pediron expresamente a substitución do proxecto de elevador por outras actuacións máis necesarias para o barrio. Entre elas o arranxo das rúas Carballo e Enfesta, a apertura da rúa Tomiño, a colocación de bordillos na esquina de Santa Clara con San Roque, o cambio de farolas na rúa Touro, a apertura do rexistro de pluviais na rúa dos Basquiños ou que o autobús urbano poida subir ata o Colexio Santiago Apóstolo.

O Concello comprometeuse a estudar a posibilidade de destinar o orzamento previsto o elevador, máis de 600.000 euros, ás necesidades planteadas polo colectivo veciñal. Para isto, un arquitecto municipal desprazarase ata o barrio para facer unha memoria e posteriormente redactar un plan de acondicionamento. O cambio de destino para estes fondos, que proceden dunha subvención europea vinculada ao programa Santiago Urbana Norte, necesita o visto bo do Ministerio de Economía e Facenda antes de ser executado.

Compartir: