ALCALDÍA

O alcalde salienta os beneficios que para a cidade terá o desbloqueo do proxecto de recuperación da Finca do Espiño

24/10/2011 Tras 10 de paralización, o Concello vén de desbloquear o proxecto de recuperación para o uso público da Finca do Espiño trala sintura dun protocolo de intencións co empresa Layetana, que en breve se plasmará nun convenio.

Este acordo propiciará a rehabilitación do pazo do Espiño, a rexeneración para o uso público do parque e a reactivación da economía local grazas a construción de 120 vivendas. Conde Roa explicou que o "bloqueo absoluto" deste proxecto non beneficiaba a ninguén, nin ao Concello nin á empresa".

No protocolo e no próximo convenio, a promotora asumirá un investimento de 24 millóns de euros que será executado por provedores e empresas locais, redundando nun beneficio para a cidade. A empresa tamén se comprometeu a realizar un proxecto moi coidado, coa conseguinte convocatoria de concurso para o mesmo, asegurou o rexedor compostelán.

Compartir: