EDUCACIÓN

Comeza o curso de preparación para obter o título de graduado en Educación Secundaria

24/10/2011 A primeira sesión do Curso de preparación para obter o Título de Graduado en Educación Secundaria terá lugar o martes 25 de outubro, a partir das 19 horas no CEIP Apóstolo Santiago (Rúa de Betanzos 55).

Este curso está organizado pola Fundación RADIO ECCA en colaboración co Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación e dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que non posúan o título de Graduado en Educación Secundaria e que desexen prepararse para as probas libres que convoca anualmente a Xunta de Galicia.

As sesións terán lugar todos os martes e xoves e quedan prazas libres. Para matricularse no curso ou para máis información poden poñerse en contacto coa Fundación Radio Ecca no número de teléfono 981 293 658 ou co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, no teléfono 981 554 400/401

Compartir: