FACENDA

O Concello concederá axudas de ata 100 euros para o pago do IBI a persoas con dificultades

20/10/2011 Os orzamentos de 2012 incluirán unha partida que permitirá conceder unha axuda de ata 100 euros de máximo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a composteláns desempregados ou en dificultades económicas. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra.

A edil explicou a partida destinada a estas subvencións non nominativas será de entre 60.000 e 100.000 euros. Poderán así outorgase axudas en función duns baremos económicos que se determinarán nunhas bases. A cantidade da axuda determinarase, de forma progresiva, en virtude da situación particular de cada contribuínte, ata un máximo de 100 euros. Recordou a propósito desta cuestión que Santiago conta neste intre con 8.039 desempregados.

Tamén anunciou a intención do Goberno municipal contemplar nos orzamentos de 2013 unha diminución dos tipos en determinadas taxas e prezos públicos. Se esta baixada de impostos non se pode aplicar xa en 2012 –dixo- é por "falta de tempo".

Compartir: