CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio de España celebra en Mérida un curso para mandos intermedios de bombeiros

19/10/2011 Dous mandos do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago están a participar en Mérida nun curso para mandos intermedios de bombeiros organizado pola Comisión de Intervencións de Emerxencias do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Esta comisión nacera a raíz da importante perda que supuxo o incendio na sede do Palacio Episcopal de La Laguna o 23 de xaneiro de 2006.

O obxectivo do curso é o de instruír aos participantes e sensibilizar aos bombeiros no valor histórico e irremprazable que alberga un caso histórico, así como o coñecemento do mesmo; formándoos na intervención de incendios no patrimonio histórico, e a saber valorar unha obra de arte e a súa manipulación e protección.

O curso consta de clases prácticas durante toda a primeira xornada. Na segunda faranse tres talleres prácticos, un na Concatedral, outro na Escola Politécnica e un terceiro no Arquivo Municipal do Centro Cultural Alcazaba. O curso rematará o venres 21 cun simulacro de incendio na Concatedral de Santa María

O curso, ao que asisten bombeiros de todas as cidades do Grupo, foi inaugurado polo alcalde de Mérida, Pedro Acedo, quen indicou que é necesario detectar o grao de preparación que recibe a poboación sobre formas de comportamento adecuado a nivel individual, familiar e comunitario en caso de ameaza de situacións de desastre porque, "aínda que se lograron algúns avances nos últimos tempos, o noso sistema educativo formal segue moi lonxe de propiciar nos niños, adolescentes, mozos e adultos unha cultura de prevención e respecto polo patrimonio". Por iso, pediu aos asistentes o máximo grao de compromiso e implicación, "xa que nas vosas mans finalmente estará o deixar para a historia o patrimonio que herdamos intacto".

Esta iniciativa é unha mostra máis do traballo conxunto das cidades que forman o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que dende hai uns anos están levando a cabo cursos dirixidos ao persoal de emerxencias, polos que xa pasaron máis de 500 bombeiros das cidades membro.

Compartir: