ALCALDÍA

Conde Roa escoita as demandas dos veciños de Lavacolla, Casco Histórico e San Lázaro

17/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a tres asociacións veciñais. Primeiro pasou por Raxoi a asociación de veciños de Lavacolla, seguida da do Casco Histórico e, finalmente, da pertencente a San Lázaro.

Os representantes veciñais expresáronlle ao alcalde as principais demandas para os seus respectivos varios. Conde Roa comprometeuse a estudalas polo miúdo e a atender, cando menos, as máis urxentes. Na reunión tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Luis García Bello; de Participación Cidadá e Centros Socioculturais; Francisco Noya; e de Barrios, Juan de la Fuente.

Compartir: