ALCALDÍA

A Copa do Mundo, de novo en Santiago

17/10/2011 A Copa do Mundo gañada pola Selección Española de fútbol no Mundial de Sudáfrica volve a estar en Compostela, traída por un dos patrocinadores do combinado español. Desta vez, os afeccionados puideron ver tamén o trofeo da Eurocopa.

Os trofeos permaneceron durante unhas horas na praza do Obradoiro, a onde se achegaron numerosos curiosos desexosos de observar a Copa e de fotografarse con elas. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, tamén quixo contemplar de preto o trofeo do Mundial, que está por terceira vez na cidade. Os más pequenos tamén puideron disfrutar dos inchables instalados para a ocasión na praza.

Compartir: