CIDADE HISTÓRICA

Constituída en Raxoi a nova Comisión Asesora do Casco Histórico

06/10/2011 Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, quedou constituída en Raxoi a Comisión Asesora do Casco Histórico.

Ademais do alcalde, integran a Comisión a concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo; a edil de Infraestruturas, María Castelao; Mercedes Rosón e Xosé Baqueiro en representación do PSdG-PSOE; Elvira Cienfuegos polo BNG; o técnico Javier Fernández; Manuel Chaín, Ángel Panero e Ángel Sicart como membros de recoñecido prestixio; Fernando López Alsina, Ricardo Sáenz e José Suárez Otero.

Compartir: