ALCALDÍA

Reunión do alcalde co presidente de Agbar

05/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a Ángel Simón, presidente de Agbar, a empresa matriz de Aquagest, concesionaria do servizo de augas en Santiago.

Na reunión abordaron diversas cuestións relacionadas coa actualidade de Aquagest. Cómpre recordar que nesta mesma xornada, a concesionaria abriu en Fontiñas a súa nova oficina comercial, que será tamén a sede galega e do norte de España de xestión e contacto cos clientes.

Compartir: