ALCALDÍA

O alcalde clausurou a entrega de condecoracións da Policía

03/10/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ao acto de entrega de condecoracións da Policía con motivo da Festividade dos Santos Anxos Custodios.

Conde Roa clausurou o acto e felicitou aos condecorados por un recoñecemento que é tamén "un estímulo para o futuro". Reiterou a dispoñibilidade municipal á colaboración coa Policía e expresou o seu desexo de que as novas instalacións do Corpo en Santiago sexan pronto unha realidade. O alcalde recordou que Compostela é unha cidade segura e cualificou o último ano como "exemplar" dende o punto de vista da orde pública.

Documentos relacionados



Compartir: