EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música inicia o curso

27/09/2011 O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visitou a Escola Municipal de Música de Santiago con motivo do acto de inauguración do curso escolar 2011-2012.

Ángel Currás coñeceu a estrutura de funcionamento musical da Escola, grazas a unha visita guiada ás instalacións administrativas e servizos (biblioteca, sala de profesores/as, aulas grupais, aulas individuais de práctica instrumental, salón de actos), e puido obter unha visión do traballo desenvolvido nas aulas de: Linguaxe Musical –profesor Óscar Fernández- ; Música e Movemento – profesoras Beatriz Busto e Verónica Louzao- ; Aula de Percusión – profesor Antonio Ocampo-; Música Tradicional – profesor Pablo Pascual-; Aula de Piano – profesora Sara Domínguez- e as aulas de acordeón –profesora Eva Pato-, violoncello –profesor Guillermo Alzugaray, guitarra –profesor Vicente Aribú-; frauta –profesora Rocío Balboa-; trombón –profesor Carlos Cabaleiro-; para finalizar coa clase individal de víolín – a cargo do profesor Mario Díz.

Compartir: