EDUCACIÓN E MOCIDADE

Entran en funcionamento os locais de ensaio para grupos musicais

02/03/2006 A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos López, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, participaron, xunto aos concelleiros Néstor Rego e Adelaida Negreita, no acto de inaugurarán os novos locais de ensaio para grupos de música que o Concello pon a disposición dos músicos no Estadio Municipal de San Lázaro.

Con estas instalacións preténdese favorecer a promoción dos músicos, a organización de concertos, mostras e actividades formativas, entre outras propostas, co obxectivo de ampliar a visión da vida musical, considerando que o campo de acción ten que ser o conxunto deste microcosmos musical.

Considérase que ensaiar non é só aprender as cancións, senón conseguir un son sólido e consistente, definir unha imaxe e unha posta en escena en directo, creando e mellorando os arranxos dos temas, preparando a montaxe de cara ao público, e os medios de comunicación-, acondiciónanse este espazos.

Os locais de ensaio, ubicados nos baixos do Estadio Municipal de San Lázaro, contan coa dotación técnica necesaria para favorecer a potenciación da música xove en Compostela, constituíndo amais un espazo de encontro para o intercambio de información, de experiencias e de colaboracións de todo tipo.

O acondicionamento destes locais contou cunha axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade.

Más información:
Departamento de Educación e Mocidade
Tfno: 981- 55 44 00 dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

Compartir: