CULTURA

A obra Historia de una vida chega ao Teatro Principal

02/03/2006 O Teatro Principal acollerá, o sábado 4 e o domingo 5 ás 21.00 horas, a representación da obra "Historia de una vida" de Donald Margulies que será interpretada polas actrices Luísa Martín e Isabel Aboy.

"Historia de una vida" é unha peza teatral con diálogos cheos de forza e provocación que buscan que o público reflexione sobre a ética e as relacións humanas.

A trama da obra xira ao redor de dúas mulleres, Ruth Steiner (Luisa Martín) e Lisa Morrison (Isabel Aboy). Ruth, sarcástica escritora e profesora universitaria, recibe no seu apartamento de Greenwich Village a Lisa, a súa alumna. Dende a súa posición de privilexio Ruth provoca constantemente a Lisa quen soporta todo da súa mestra pola profunda admiración que lle ten.

Este encontro será o principio dunha acción que se desenvolve ao longo de seis anos nos que as dúas mulleres irán establecendo unha relación persoal e profesional de dependencia mutua.

Lisa convértese en imprescindible para Ruth, mentres ela vai absorbendo tódala experiencia da súa mentora. Lisa comeza a publicar os seus contos e a súa primeira novela superando, en éxito, á súa titora. Isto convértese nun problema para ambas. Empeza así un conflito no que se enfrontarán éticas e principios opostos no referido á creación literaria e á realización individual. A traizón da intimidade e a confianz de Ruth, para que Lisa tivera éxito, dará por rematada a súa relación.

Documentos relacionados



Compartir: