MULLER

A Concellería da Muller organiza un panel de boas prácticas sobre conciliación

28/09/2011 A Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza unha serie de Circuítos de Corresponsabilidade no marco do programa Compostela Corresponsable. Estar será a segunda das catro xornadas previstas.

Esta segunda xoranda, mañá xoves, denomínase "Lexislación vixente nacional e autonómica en materia de conciliación. Vantaxes e bonificacións. Panel de boas prácticas". Celebrarase de 19:00 a 22:00 horas no centro da Asociación Hostalería Compostela. Intervirán Jaime Cabeza, catedrático de Dereito Laboral e da S.S. da Universidade de Vigo, e Óscar Pereira, director do Hotel Tryp Santiago. A entrada é de balde e entregarase diploma de asistencia.

Nas seguintes dúas xornadas abordaranse cuestións como a racionalización dos horarios españois e a conciliación da vida persoal, familiar e profesional. Serán o 6 e o 13 de outubro.

Documentos relacionados



Compartir: