ALCALDÍA

Reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

20/09/2011 O alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, asistiu en Madrid á xuntanza da Comisión Executiva da devandita entidade.

Na reunión debateuse, entre outros asuntos, o texto do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ademais de Conde Roa, participaron na xuntanza o alcalde de Segovia e vicepresidente do Grupo, Pedro Arahuetes; o tenente de alcalde de Alcalá de Henares, Gustavo Severién; o tenente de alcalde de Toledo, Jesús Nicolás; e a xefa de gabinete da Subsecretaría de Estado do Ministerio de Cultura, Rosalía Serrano.

Compartir: