RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Os concelleiros asisten a clases de inglés

20/09/2011 Os concelleiros do Goberno municipal están a asistir a clases de inglés. A decisión foi adoptada pola Concellería de Relacións Institucionais á vista da que o Concello de Santiago debe recibir case a diario representantes de diversas institucións internacionais.

Dende a Concellería de Relacións Institucionais recórdase que o prestixio da cidade se manifesta tamén pola interlocución dos seus representantes políticos. Por iso, o coñecemento do inglés resulta fundamental para manter un contacto fluído con representantes doutros países. Santiago non só recibe habitualmente a persoeiros internacionais, senón que tamén participa en diversos programas internacionais.

A meirande parte dos concelleiros está asistindo a estes cursos, que se de desenvolven no propio Pazo de Raxoi. Hai dous niveis: medio e avanzado. As clases son pagadas polos propios edís.

Compartir: