NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nova edición do concurso de investigación e redacción "Falemos da nosa historia"

20/09/2011 O CEIP López Ferreiro, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, convoca un ano máis o seu concurso de investigación e redacción "Falemos da nosa Historia", certame dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e a 1º ciclo da ESO de calquera centro da Comunidade Galega.

Esta oitava edición organízase arredor do lema "En tempos de María Castaña", motivo que os participantes terán que desenvolver nos seus traballos cunha extensión máxima de tres folios. As redaccións, que terán que realizarse en lingua galega, poden acompañarse tamén de ilustracións gráficas e deberán presentarse baixo pseudónimo e acompañadas de plica.

O prazo de entrega dos traballos vai do 1 ao 29 de febreiro de 2012. O 20 de marzo, coincidindo coa conmemoración do pasamento de Antonio López Ferreiro, historiador e novelista compostelán que dá nome ao centro convocante, farase entrega dos tres galardóns que prevén as bases.

Documentos relacionados



Compartir: