ALCALDÍA
A celebración deste congreso supón mirar e camiñar hacia o futuro xa que, como explicou Sánchez Bugallo, "traballar polo entendemento e a posta en común das necesidade das cooperativas agrarias é traballar polo progreso e pola competitividade da agricultura e da gandeiría. É traballar por estar presentes nun mercado cada día máis globalizado, máis competitivo".
Pero para que as cooperativas galegas podan participar dun mercado competitivo é necesario "o apoio das administracións públicas". Sen ese apoio os agricultores non poderán afrontar novos retos e aproveitar as oportunidades que lles ofrece a internalización.
O alcalde da capital galega subliñou que "o cooperativismo conleva indisolublemente os valores de solidariedade e unión. Valores que son tamén propios do Camiño de Santiago".
Os Príncipes de Asturias inauguran en Compostela o V Congreso de Cooperativismo Agrario
02/03/2006 "Compartindo Oportunidades" é o lema do V Congreso de Cooperativismo Agrario que foi inaugurado polos Príncipes de Asturias, o xoves 2 de marzo, e que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago, ata o venres 3.
Á inauguración asistiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se amosou orgulloso de que Compostela fora elixida como marco para este encontro que ten lugar cada tres anos.A celebración deste congreso supón mirar e camiñar hacia o futuro xa que, como explicou Sánchez Bugallo, "traballar polo entendemento e a posta en común das necesidade das cooperativas agrarias é traballar polo progreso e pola competitividade da agricultura e da gandeiría. É traballar por estar presentes nun mercado cada día máis globalizado, máis competitivo".