ALCALDÍA

A nova terminal de Lavacolla comezará a funcionar o 13 de outubro

17/09/2011 A nova terminal de Lavacolla foi presentada públicamente nun acto celebrado no propio aeroporto. A partir do 13 de outubro, composteláns e visitantes poderán xa facer uso dunha nova terminal que triplica a actual e que poderá atender a catro millóns de pasaxeiros ao ano.

O alcalde compostelán asistiu á presentación da terminal, presidida polo ministro de Fomento, José Blanco. Na súa intervención, Xerardo Conde Roa expresou a súa satisfacción por pola apertura dun "novo capítulo na historia do aeroporto e na historia da cidade". Neste sentido, referiuse aos empregos directos e indirectos que creará a nova terminal, á maior capacidade para atraer turistas ou ás novas oportunidades empresariais.

Conde Roa apuntou tamén o seu desexo de que a inauguración da terminal, sexa un "estímulo para a execución dunha serie de infraestruturas vinculadas ao aeroporto". Citou a conexión da AP-9 coa autovía de Lavacolla e Lugo, ou a posibilidade da conexión do aeroporto coa cidade a través do AVE ou do metro lixeiro.

Terminou o seu discurso recordando de novo que "Santiago e Galicia amplían a súa fiestra de oportunidades" con esta terminal e agradecendo o seu traballo a todos os que a fixeron posible, cunha especial mención ao ministro José Blanco.

Foi precisamente o titular de Fomento o encargado de anunciar que a terminal entrará en funcionamento o 13 de outubro. Ese día, ás 6.55 horas, partirá o primeiro avión dende a nova infaestrutura con destino a Madrid, segundo puntualizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

A terminal en cifras
A nova terminal está composta por un edificio procesador e un dique de embarque que, nunha primeira fase de explotación, terá una superficie de 65.135 metros cadrados que alcanzará los 74.000 a pleno rendemento. Na actualidade, hay 23.000 metros cadrados dispoñibles, polo que as obras permitiron triplicar a superficie das actuais instalacións.

O hall de facturación disporá na primeira fase de explotación de 22 mostradores de facturación convencionais mais un de equipaxes especiais, cifra que se incrementará ata os 38 mostradores de facturación e dous mostradores destinados a equipaxes especiais na configuración final, é dicir, 16 mostradores máis que os dispoñibles na actualidade.

En canto á zona de embarque, poranse en funcionamiento 13 portas de embarque, unha máis que actualmente. Delas, cinco estarán asistidas por pasarelas telescópicas nunha primeira fase, alcanzando as 10 na configuración final. Nas actuais instalacións, son catro as portas asistidas por pasarelas telescópicas. Os hipódromos de recollida de equipaxes medran tamén en número. Dos cinco actuais aos nove (dous deles para equipaxes especiais) que haberá na configuración final. Na primeira fase estarán en funcionamiento catro convencionais e un de equipaxes especiais.

A zona comercial e de restauración do novo Aeroporto de Santiago disporá de case mil metros cadrados máis, pasando dos 1.859 actuais aos 2.741 na primeira fase e aos 2.830 dispoñibles na súa configuración final.

Outras actuacións
Ademais da nova terminal construíuse un novo edificio de aparcamento de vehículos con cinco plantas que, na primeira fase, dispón dunha superficie de 121.375 metros cadrados e unha capacidade para 1.896 prazas. Na súa fase final, a superficie multiplicará por catro a actual, pasando de 35.000 metros cadrados a 140.000, o que permitirá duplicar as prazas de estacionamento de 1.700 a 3.500. O edificio de aparcamento complétase coa zona de autobuses, que dispón de 12 dársenas e 6 paradas. Ademais, habilitáronse novos vieiros, de chegadas, de saídas e de servizo, que comunican a rotonda de acceso ao aeroporto coa nova terminal e co novo aparcamento.

Por outro lado, a plataforma de estacionamento de aeronaves ampliouse en máis de 100.000 metros cadrados, pasando da configuración actual de 70.000 metros cadrados e 10 prazas de estacionamiento a 181.000 metros cadrados e 28 posicións de estacionamento. A nova central eléctrica ofrece a potencia eléctrica necesaria para atender a demanda da nova infraestrutura aeroportuaria, elevando a tensión de distribución interna do aeroporto dos 3Kv aos 20Kv.

Ademais, o Aeroporto de Santiago conta cun nuevo Sistema de Inspección de Equipaxes en Bodega (SIEB) con hipódromos de clasificación que permiten a inspección do 100% da equipaxe de adega, en cumprimento das normativas europeas e internacionais. Dispón de 228 cintas transportadoras de dous quilómetros de lonxitude, cunha capacidad de proceso de 2.400 equipaxes á hora.

Accesibilidade
Atendendo ás diferentes capacidades dos usuarios, a terminal conta coas adaptacións necesarias en todas as súas instalacións: mostradores, aseos, accesos a salas e mobilidade en xeral. Un aeroporto sen barreiras que dispón de catro puntos de asistencia a persoas con discapacidade, sinalización Braille, 30 aseos adaptados e 60 prazas de aparcamento reservadas.

Compromiso medioambiental
O novo aeroporto deseñouse seguindo as premisas de aforro enerxético e integración paisaxística co propósito de minimizar o impacto medioambiental, tanto na súa arquitectura e estrutura como nas cuestións relativas a iluminación, auga e rego e climatización. En cuanto á integración no entorno, preservouse ao máximo a vegetación existente, proxectáronse sementeiras e hidrosementeiras que superan os 74.000 metros cadrados e plantáronse especies características da vexetación autóctona. Un dos tratamentos herbáceos máis destacables foi a cuberta do novo edificio de aparcamento.

Direccións relacionadas



Compartir: