ALCALDÍA

Reaberto o Parque Eugenio Granell

16/09/2011 O Parque Eugenio Granell está de novo aberto ao público. Os composteláns recuperan este espazo verde, que se pechara hai meses por mor das obras na rede de colectores.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado por varios concelleiros, visitou o parque con motivo desta reapertura e lamentou que, malia estar rematadas as obras hai tempo, levara cinco meses pechado unicamente pola falta dunha varanda de apenas catro metros.

Situado no Restollal, este parque inaugurouse en maio de 2003 e conta cunha superficie aproximada de zona verde de 130.000 metros cadrados. Este espazo de lecer dá servizo aos barrios do Castiñeiriño, Pontepedriña, Conxo e O Ensanche. Nel consérvase a vexetación autóctona, aínda que tamén se incorporaron novas plantacións. Entre outras características, dispón dunha horta de 400 metros cadrados.

Compartir: