ALCALDÍA

O alcalde compostelán súmase á homenaxe ao Victoria no seu 75 aniversario

12/09/2011 O Victoria F.C cumpre 75 anos, consolidándose como unha das institucións deportivas da cidade máis arraigadas. Con tal motivo, a directiva do club foi recibida polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

O encontro, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, serviu para recordar diversos momentos da xa longa historia do Victoria. Ademais, o club quixo agasallar ao alcalde cunha camiseta de xogo coas súas iniciais.

Compartir: