ALCALDÍA

Conde Roa garante a continuidade do papel de liderado de Santiago no Eixo Atlántico

06/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Foi o primeiro contacto institucional entre o Eixo e o Concello tras a toma de posesión de nova Corporación e serviu para facer un repaso a diversas cuestións de actualidade.

Tras recordar os vínculos que o unen a Portugal, onde tivo a ocasión de traballar hai anos, amosouse encantado de comezar unha nova etapa no marco do Eixo Atlántico. Neste sentido, ofreceu toda a colaboración institucional ao seu secretario xeral, porque "aquí hai os mesmos intereses e ideas".

Vázquez Mao agradeceu a receptividade atopada no alcalde e expresou a súa satisfacción porque "Santiago asuma ese papel de liderado dentro do Eixo que veu asumindo nos últimos seis anos". "É unha das nosas cidades de referencia", engadiu. Sobre a reunión, indicou que na mesma repasaron diversos asuntos de actualidade, especialmente en materia de comunicacións, e falaron sobre "todo o que é poñer as cidades en clave competitiva para saír da crise".

Compartir: