FESTAS

O Antroido chega ao seu fin coa queima do Meco

01/03/2006 O Antroido chega ao seu fin coa tradicional queima do Meco que terá lugar, o mércores 1 de marzo, na Praza Roxa.

Ás 20.30 horas o Meco sairá da Praza do Toural acompañado das comparsas, que encheron de cor e ledicia a cidade nos útlimos días, para dirixirse á Praza Roxa onde será queimado. Así as bromas, as coplas burlescas e o mundo ao revés rematan para deixar paso á Cuaresma.

Antes de chegar ao seu destino final o Meco percorrerá as rúas da cidade: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador para rematar na Praza Roxa.

A Banda Municipal de Ponteceso, que vistirá de luto riguroso, tamén acompañará ao Meco nos seus últimos momentos.

Compartir: