AUDITORIO DE GALICIA

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu décimo aniversario

01/03/2006 A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebrará, o venres 3 de marzo no Auditorio de Galicia, a súa primeira década de vida cun concerto no que se interpretarán o Saturnal de M. Balboa e a Obertura Egmont de Beethoven, baixo as batutas do seu director titular Ros Marbà e de Maximino Zumalave, director convidado.

Dende o 29 de febreiro de 1996, momento do seu nacemento, A Real Filhamonía de Galicia converteuse nunha das mellores formacións musicais do nosos país. Esta xoven formación estreábase fai dez anos da man do mestre Helmunth Rullin. Nacía co financiamento do Consorcio de Santiago de Compostela e a xestión do Auditorio de Galicia.

Os primeiros compases desta agrupación soaban xa en territorio nacional en 1996 no Auditorio Nacional, en Madrid; e nas cidades de Valencia, León e A Coruña so un ano máis tarde. Pronto chegou a súa estrea internacional. Dou anos máis tarde, en 1998, a RFG viaxaba a Alemania e Austria e tivo a honra de actuar no Grosses Festspielhaus de Salzburgo durante a semana Mozart. Esta última actuación convertiuna na primeira orquestra española en participar en semellante evento musical.

Ese mesmo ano actuaba na Expo de Lisboa e inauguraba o Compostela Millenium Festival, concerto ofrecido na Catedral de Santiago ante máis de 2.000 persoas. Os éxitos que pouco a pouco foi logrando a RFG provocaron a súa participación no Festival Europeo de Música de Stuttgart.

No 2001, o directo Antoni Ros Marbá colleu a batuta da orquestra abríndose así un novo período no que tamén foron moitas as actuación en diferentes cidades españolas. Pero a RFG foi dirixida, na súa curta historia, polos directores máis destacados como o violinista Peter Zimmermann, o violonchelista Rostropovich, a mezzosoprano Teresa Berganza ou a pianista Alicia de Larrrocha.

Compartir: