ALCALDÍA

O alcalde aposta por habilitar unha vía alternativa ao Camiño Portugués

18/08/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu coa secretaria xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e con diversas autoridades portuguesas, á presentación da edición 2011 da Romaría de Portugal e as Festas da Nosa Señora dos Remedios, que se celebran na localidade lusa de Lamego do 25 de agosto ao 9 de setembro. O acto tivo lugar na oficina que Turismo de Porto e Norte ten na rúa do Vilar.

Durante a presentación do evento, Conde Roa resaltou os vínculos con Portugal e a vontade de intensificar "importantes retos de unión" co país veciño. Tamén apostou por por habilitar unha vía alternativa ao Camiño Portugués.

Compartir: