OBRAS E DEPORTES

Sabugueira, Munín e Cesar melloran as condicións dalgúns dos seus vieiros

04/08/2011 A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou xunto con técnicos municipais e un representante da empresa que executou as obras en Lavacolla (Sabugueira), Munín (Laraño) e na parroquia de Cesar, nos que se acometeron tres obras de reforzo de firme financiadas pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos (POS 2010).

O investimento nestas actuacións ascendeu a 50.835 euros en Munín, 113.049 euros en Cesar e 68.300 euros en Sabugueira. As obras rematáronse recentemente e veñen a mellorar considerablemente as condicións de circulación por estes vieiros.

A concelleira indicou que para o Concello son fundamentais as intervencións no rural e anunciou que se seguirá traballando neste sentido, para que tanto por parte do Concello, coma da Deputación se continúe coa mellora de vieiros nas parroquias do rural compostelán

Campo de fútbol de San Lázaro
A continuación, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañou a María Castelao nunha visita ás obras de construción do campo de fútbol de herba artificial de San Lázaro, para coñecer o seu estado actual de execución. É intención do Concello atopar unha solución para dotar este campo de iluminación, servizo non previsto nesta actuación.

Compartir: