ALCALDÍA

Reunión entre Concello, Cámara e AENA para falar da terminal de carga de Lavacolla

01/08/2011 O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e a secretaria xeral desta entidade cameral, Filomena Casal, entrevistáronse en Madrid co presidente de AENA, Juan Lema, e co director de Aeroportos, Javier Marín.

O obxecto desta reunión era obter información de primeira man de AENA sobre o peche da terminal de carga no Aeroporto de Lavacolla. Os representantes de AENA transmitíronlle ao alcalde e aos membros da Cámara que non está na súa man dar unha solución, pero si amosaron o seu interese por colaborar no restablecemento deste servizo o antes posible, polo que quedan abertas as negociacións.

Ademais, tanto o Concello como a Cámara seguirán mantendo entrevistas con distintos axentes para poder encontrar unha solución a esta situación, que preocupa ao sector empresarial, porque mingua o desenvolvemento empresarial e a competitividade das empresas.

Compartir: