EDUCACIÓN

Vacacións en paz para os nenos saharauís

26/07/2011 O concelleiros Juan de la Fuente e Luís Bello, recibiron os nenos saharauís que están a pasar este verán con familias de acollida compostelás, dentro do programa Vacacións en Paz.

O programa Vacacións en Paz está concibido no marco de solidariedade e axuda desinteresada e co fin de proporcionar mellores vacacións aos nenos e nenas saharauís. Esta proposta atende a solicitude da Delegación Saharauí para Galicia, canalizada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O concelleiro Juan de la Fuente destacou o positivo desta iniciativa e que é intención do Concello continuar coa mesma e potenciala.

Os rapaces e as rapazas que participan neste proxecto teñen entre 7 e 14 anos e proveñen dos campamentos de refuxiados saharauís que se encontran na zona de Tinduf, no suroeste de Alxeria. Grazas a estas vacacións preténdese ofrecer a estes nenos nacidos no medio da guerra e sometidos ás súas duras consecuencias, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que isto contribúa, non só á súa formación, senón a mellorar a comunicación e o entendemento entre os pobos, e promover valores de solidariedade coa cooperación dos composteláns. Ao mesmo tempo favorécese a relación de familias de Santiago con rapaces doutras culturas.
A proposta ten as seguintes características:

A nena e os dous nenos que están en Santiago, permanecerán coas súas familias de acollida ata o mes de setembro. O Concello fíxose cargo das pasaxes dende Alxeria a Santiago, así como do regreso. Ademais, aproveitarase a estancia para realizarlles revisións médicas. O aloxamento dos pequenos realízase nas casas de familias compostelás, que se fan cargo dos gastos de alimentación, vestido e daqueles outros que se deriven da súa estadía.

Compartir: