ALCALDÍA

Primeira vez que un alcalde de Santiago de Compostela asiste á Ofrenda do Apóstolo co traxe tradicional de garda

25/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asisitiu vestido co traxe tradicional galego de garda á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. É a primeira vez que un rexedor da capital de Galicia utiliza esta indumentaria durante a cerimonia.

O traxe utilizado polo alcalde é o tradicional de garda (o utilizado para domingos e festivos) da zona do Val da Mahía. Foi confeccionado en pano negro e conta con tirolas, chambra, chaleque e chaqueta. Leva terciopelo negro e está adornado con botós prateados e uns mínimos bordados.

Ademais do alcalde e da delegada rexia, participaron nos actos da Ofrenda ao Apóstolo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo; conselleiros do Goberno galego; membros da Corporación compostelá e outras autoridades civís, académicas, militares e relixiosas.

Compartir: