ALCALDÍA

Visita a Raxoi dunha delegación de Assisi

23/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha delegación da cidade italiana de Assisi, encabezada polo seu alcalde, Claudio Ricci.

O encontro serviu para afianzar as relacións de cooperación entre Assisi e Santiago de Compostela, irmandadas dende o ano 2008. Mediante esta unión, as dúas cidades comprometéronse para activar programas para a mutua posta en valor e diversas accións nos eidos cultural, económico e turístico, tanto a nivel nacional como internacional.

Compartir: