FESTAS

Luz Casal encheu de paixón a Quintana

22/07/2011 A praza da Quintana encheuse para escoitar a Luz Casal, nun dos concertos máis agardados das Festas do Apóstolo. Antes, 37 coches antigos e os seus caracterizados ocupantes percorreron as rúas de Compostela.

Luz Casal repasou as cancións do seu último disco, La Pasión, e algúns dos clásicos do seu repertorio. O público, que esgotara as entradas, disfrutou dun espectáculo intimista e cheo de entrega por parte da artista galega.

Vehículos antigos
Antes do concerto, outra actividade das Festas reuniu a numeroso público por varias rúas e prazas da cidade. Os vehículos do Club Galego de Automóbiles Antigos chegaron a Compostela tras peregrinar dende Santander.

Os ocupantes dos vehículos viaxaban con traxes de época, de acordo á data de fabricación de cada automóbil. Os 37 vehículos participantes serán expostos o sábado 23, a partir das 11:30 horas, na praza do Obradoiro.

Compartir: