EDUCACIÓN E MOCIDADE

Fest@ctiva, unha alternativa de ocio para o xóvenes de Compostela.

21/02/2006 Os mozos e mozas de Compostela poderán disfrutar dun programa de ocio alternativo, Fest@ctiva 2006, durante os xoves e venres do 9 ao 17 de marzo e o venres 24 de marzo.

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou, o martes 21 de febreiro, o programa de ocio alternativo Fest@ctiva 2006.O obxectivo deste programa é demostrar aos máis xóvenes unha forma de diversión alternativa á diversión asociada ao consumo de alcohol e drogas.

Nesta edición as actividades xirarán entorno a dúas temáticas. Os días 9 e 10 de marzo adicaranse ao hip-hop mentres que o 16 e 17 de marzo desenvolveranse iniciativas relacionadas co circo. Xa como remate, o venres 24, haberá unha festa na que se dará un concerto e se fará unha demostración do realizado nos obradoiros.

As actividades realizaranse no IES. de Fontiñas en horario de 22.00 a 1.00 horas. A participación é gratuíta e o único requisito para poder asistir é ter cumpridos os 16 anos.

Documentos relacionados



Compartir: