ALCALDÍA

Prestixiosos arquitectos debaten en Compostela sobre a cidade contemporánea

21/07/2011 O Instituto Compostela Arquitectura deu comezo á segunda edición do seu curso de verán internacional, que se desenvolve entre o 18 de xullo e o 5 de agosto. No marco do mesmo, estanse dando cita en Santiago importantes arquitectos internacionais, como Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasma ou Alvaro Siza.

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, achegouse a San Martiño Pinario, onde se celebran estas xornadas, nas que participan estudantes procedentes de Estados Unidos, Canadá, Corea, Siria e varios países europeos. O seu obxectivo é reflexionar sobre a arquitectura contemporánea a partir das pegadas da historia.

O Instituto Compostela Arquitectura é unha entidade educativa independente con sede en Santiago de Compostela, e que conta co apoio da Universidade e o Concello. O CA Institute desenvolve programas didácticos, potenciando a capital galega e o patrimonio como un elemento fundamental na formación dun arquitecto.

Compartir: