ALCALDÍA

O alcalde recibiu o titular da Xunta e o presidente nacional do Partido Popular

17/07/2011 O alcalde compostelan, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy.

Conde Roa e Núñez Feijóo recibiron a Rajoy na entrada do Pazo de Raxoi. Posteriormente, os tres desprazáronse ao despacho do alcalde, onde mantiveron unha breve reunión. Mariano Rajoy asinou no Libro de Honra da cidade. Logo trasladáronse camiñando ata San Francisco.

Compartir: