CULTURA

Unha exposición na Alameda ofrece un itinerario visual polos ecosistemas de España

15/07/2011 A Alameda acolle a exposición Biodiversidade en España, organizada pola Fundación Biodiversidade, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Repsol, coa produción de Lunwerg Editores.

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, acompañou á directora da Fundación Biodiversidade, Ana Leiva, na inauguración desta mostra, á que tamén asistiron o director comercial de Lunwerg Editores, Joaquím Corbera, e o comisario da exposición, Joaquín Araújo. Logo tamén se achegaron ata o lugar o alcalde, Xerardo Conde Roa, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo.

A mostra exhibe 50 imaxes de gran formato realizadas por prestixiosos fotógrafos de natureza. As fotografías narran os complexos procesos que fan da Terra un lugar habitable e convidan a pensar no que significaría deixar de contar cos servizos que prestan os ecosistemas. Ademais de concienciar ao visitante sobre a responsabilidade do home na conservación da vida na Terra, a exposición amosa o valor dos ecosistemas, ofrecendo un fascinante itinerario visual pola flora e a fauna do territorio español.

O percorrido pola exposición lévanos a coñecer os múltiples rostros da vida, cos comentarios de prestixiosos científicos en español e inglés. Todos os textos foron seleccionados polo coñecido naturalista e escritor Joaquín Araujo.

A exposición péchase con dez imaxes que, a través do título "Cara a convivencia", plantexan que en boa medida o futuro da humanidade radica en que os seres humanos volvan a vista á natureza.

Compartir: