ALCALDÍA

Concello e Cámara de Comercio coinciden na demanda de emprendedores para a cidade

11/07/2011 O alcalde compostelán reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. Xerardo Conde Roa amosou a súa dispoñibilidade a colaborar coa Cámara naquelas cuestións ao alcance do Concello e a iniciar un traballo conxunto en diversas materias.

Conde Roa aludiu ao moi bo labor densenvolvido dende a Cámara na xestión dos viveiros de empresas. "Fannos falta moitos emprendedores na cidade e a Cámara de Comercio ten unha longa experiencia nesta cuestión", indicou, mostrándose favorable a abrir vías de colaboración.

No encontro tamén falaron doutras cuestións de actualidade, como a internacionalización das empresas compostelás ou a creación de solo industrial.

Compartir: