ALCALDÍA

Conde Roa escoitou as reividicacións dos veciños da parroquia da Barciela

09/07/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou a zona de Barciela. Alí mantivo un encontro cos veciños, que lle comentaron as súas principais reivindicacións para a parroquia.

Acompañado polo presidente da Asociación de Veciños, José Sánchez, e por outros veciños, Conde Roa visitou o local social do barrio, comprobando as súas carencias en canto a material. A continuación, percorreu a aldea ata a igrexa do lugar da Barciela. Os veciños reclaman que se arranxe o acceso ao cemiterio, que na actualidade presenta numerosas fochanchas.

Na visita, alcalde e concelleiros tamén pudieron comprobar o estado das pistas da parroquia, que en moitos casos presentan importantes deficiencias. Esta é unha das principais reivindicacións dos veciños.

No encontro tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Luis García Bello; Mobilidade, Albino Vázquez; Medio Ambiente, María Castelao; e Centros Socioculturais, Francisco Javier Noya.

Tras esta visita á Barciela, o alcalde desprazouse ata a parroquia de Grixoa, onde os veciños celebraban unha cea co fin de recaudar fondos para as festas patronais. O presidente da Asociación veciñal, Francisco Rey, deulle a benvida ao evento, no que participaron unhas 200 persoas.

Compartir: