MEDIO AMBIENTE

Amplíase o sorteo do contedor amarelo 15 días máis

21/03/2005 Ata o vindeiro 31 de marzo, os composteláns poderán seguir depositando bolsas nos contedores amarelos para participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural.

O Concello de Santiago, a través do departamento de Medio Ambiente, vén de ampliar ata o vindeiro 31 de marzo o prazo do sorteo de premios que se enmarca dentro da campaña informativa sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks.

Como se establece nas bases do sorteo, posto que non se esgotaron os premios, consistentes en bonos de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural galega, ampliouse a fase do sorteo nas mesmas condicións 15 días máis.

Este sorteo, dirixido a todos os composteláns, ten por obxectivo mellorar o uso do colector amarelo, co fin de favorecer a formación dunha conciencia social para a defensa e mellora do contorno e sentar as bases para o desenvolvemento sostíbel.

Compartir: