ALCALDÍA

Recoñecemento institucional ao ascenso do Club Feminino Pedras de Santiago

24/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o equipo de fútbol Club Feminino Pedras de Santiago, con motivo do seu ascenso á segunda división nacional.

Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo éxito e pola traxectoria deste equipo nunha disciplina coma o fútbol na que a presenza feminina non é tan habitual. Desexoulles moitos éxitos persoais e deportivos na nova categoría.

Tamén interveu no acto o ata agora presidente do club, José Suárez Alén, quen falou do esforzo que supón levar un equipo feminino a elite do fútbol. O Pedras de Santiago pasará a depender a partir de agora da SD Campus Stellae.

Compartir: