ALCALDÍA

Sánchez Bugallo comparte cos cativos da Escola infantil de Conxo a súa festa de Antroido

24/02/2006 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo un oco na súa axenda de actividades para compartir cos cativos da Escola Infantil de Conxo a súa particular e entrañabel festa do Antroido.

Na tarde do xoves, 23 de febreiro, o alcalde e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, achegáronse a Escola de Min, a primeira das escolas infantís posta en funcionamento polo Concello, para compartir esta festa cos cativos, pais e nais e co profesorado.

Compartir: