ALCALDÍA

Despedida da directiva de Acotés

21/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co presidente de Acotés, Antonio Pérez Casas, e con membros da xunta directiva desta organización comercial.

Sánchez Bugallo continuou así coa rolda de contactos con institucións e colectivos da cidade que está a manter nos últimos días con motivo do seu abandono do cargo de alcalde. Agradeceu a Acotés "a colaboración recibida e o labor que desempeñan na defensa dun colectivo tan importante como é o comercio".

Compartir: