MEDIO AMBIENTE

Continúa aberto o prazo de inscrición para o campamento urbano ‘Viaxandoando polo mundo’ ata o 18 de xuño

08/06/2011 O prazo estará aberto ata o 18 de xuño ou ata cubrir as prazas e a preinscrición pode facerse na rede de CSC en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h. O campamento desenvolverase no mes de xullo en horario de 7.45 a 15.15h nos CSC das Fontiñas, Vite e Conxo aínda que algunhas actividades celebraranse en diferentes parques da cidade. O prezo é de 25 euros cada semana e 100 euros se se colle o mes completo e cóntase con 30 bolsas coa bonificación do 25%.

As concellarías de Centros Socioculturais e de Benestar Social poñen en marcha "Campamento urbano: Viaxandoando polo mundo", un programa de conciliación familiar e laboral, destinado a familias con nenos/as empadroados no Concello de entre 6 e 12 anos. Enmárcase dentro do programa ‘Vive o Verán’, que ten como finalidade achegar unha oferta de lecer sociocultural a todos os públicos nos meses de estío e desde a rede de centros e locais socioculturais municipais. O prazo para anotarse estará aberto ata o 18 de xuño ou ata cubrir prazas e a preinscrición poderá facerse en horario de 9 a 14h e de 17 a 21h na rede de CSC.

As actividades desenvolveranse simultaneamente en tres centros cabeceira da rede municipal: CSC das Fontiñas, CSC de Vite e CSC de Conxo durante o mes de xullo aínda que tamén se abrirán a diferentes parques da cidade. En total, hai praza para 100 nenos e nenas e as solicitudes poden facerse tamén por semanas aínda que terán prioridade os que soliciten o mes completo. O horario do campamento, para conciliar a vida laboral e familiar será de 7.45 a 15.15h. e o prezo será de 25 euros por semana e 100 euros o mes completo. Ademais, haberá 30 bolsas con bonificación do 25% do importe da matrícula.

Como diciamos, o prazo permanece aberto e así estará ata o 18 de xuño ou antes, no caso de que se cubran todas as prazas disponibles antes de esa data. Unha vez rematado o prazo publicarase o listado de admitidos nos taboleiros informativos dos Centros Socioculturais así como na web www.santiagosociocultural.org.

Compartir: