FESTAS

A XIII Festa dos Maiores reuniu 2.000 persoas no recinto feiral de Amio

04/06/2011 No marco das Festas da Ascensión, celebrouse a décimo terceira edición da Festa para os nosos maiores, que contou con 2.000 asistentes.

O recinto feiral de Amio acolleu este tradicional xantar, que contou tamén coa animación dunha comparsa de cabezudos e coa música da orquestra Magos de España. O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ata a festa para saudar os participantes.

Compartir: